martes, 27 de marzo de 2007

Pendericos Chocolate.

Xa está lista a colección de pendericos de tarta de chocolate. Uns pendericos moi doces ...


viernes, 23 de marzo de 2007

Cristal.

Cristal. (O seu nome provén do grego e significa xeo, cristal).
É unha meiguiña da fraga de 909 anos.
É moi inqueda e xoguetona.
Gústanlle as uvas e cirolas pasas.
Tamén o polbo á feira. (Con pouco picante, que lle fai mal)
Gústalle subir ás árbores e pasear pola montaña.
A miúdo fai o camiño dos romeiros a San Andrés. Gústalle camiñar, sobre todo en rutas tan bonitas.
Non ten rival xogando á brisca.


Leva un gorro rosa cunha media lúa turquesa (símbolo das meiguiñas da fraga de Pantín).
Ten o pelo de cores.
Os seus zapatiños son negros.




Vive con dous ratiños, Tuntún e Carambola, cos que ve na tele debuxos animados e a sua serie favorita.
Encántanlle as roscas de anís.
Gustaríalle viaxar nun tren de vapor.

Cristal.



Bríxida.

Bríxida. (O seu nome provén do celta e significa poboación elevada, colónia).
É unha meiguiña da fraga de 2427 anos.
Encántalle o chocolate e calquera doce feito a base de milfollas.
Gústalle voar os papaventos.
Tamén lle gusta xogar con trenes eléctricos.
Gústanlle os xirasoles e as rosas de cor branco.
Garda tódolos xoguetes da sua infancia.



Leva un gorro granate cunha media lúa verde (símbolo das meiguiñas da fraga de Pantín).
Leva o cabelo de cores, predominando os tonos verdosos.
Os seus zapatiños son verdes.


Gústalle moito a regaliz.
Colecciona bonecas de trapo.
Gústalle a música folk.
Divírtelle facer rebotar coios no río.

Bríxida.



Flor.

Flor. (O seu nome provén de latín e significa flor).
É unha meiguiña da fraga de 1915 anos.
Gústanlle as papas moooi, moooi espesas.
Tamén lle gusta observar como voan os insectos, sobre todo os abellóns.
Gústalle deitarse sobre a herba á sombra nos días calurosos de verán.
Encántanlle os espaguetis.
Gústalle estoupar as burbullas do plástico de embalar.


Leva un gorro de cor rosa cunha media lúa turquesa (símbolo das meiguiñas da fraga de Pantín).
Leva o cabelo de cores.
Os seus zapatiños son negros.



Gústalle moito ler libros de lendas e contos populares.
Encántanlle os días de choiva, poñer as suas botas e o chubasqueiro e sair a saltar nos charcos.
Gústanlle moito as mazás caramelizadas e as garrapiñadas. Tamén o algodón de azucre.
É moi amiga dos Reis Magos.

Flor.


jueves, 22 de marzo de 2007

Filipa.

Filipa. (O seu nome proven do grego e significa amiga dos cabalos).
É unha meiguiña da fraga de 801 anos.
É algo traste pero ten bó fondo.
Gústalle gastar bromas e comer larpeiradas.
Tamén lle gustan moito os gatos, pero danlle alerxia.
Gústalle facer globos co chicle e pompas de xabón.






Leva un gorro rosa con dous botonciños azuis.
O seu pelo é de cores.
Leva zapatiños azul marino.


Gústalle moito a piña en conserva.
Colecciona as servilletas perfumadas que regalan nos restaurantes.
Fai xabóns de tódalas formas, colores e olores que se lle ocorren.
Ten como mascotas un par de moscas: Pimpín e Chacarraschás.

Filipa.



Elba.

Elba. (O seu nome proven do celta e significa alta montaña).
É unha meiguiña da fraga de 4006 anos.
É simpática e moi amable.
Gústalle ver campionatos de patinaxe artístico na tele.
Tamén ver rios conxelados e paisaxes nevadas, pero sobre todo ver nevar. Gústalle ver caer as folerpas lentamente.
Fai bonecos e figuras de miga de pan que lle quedan moi bonitos.
Gústalle perfumarse e ten unha gran colección de colonias e perfumes.


Leva un gorro turquesa cunha media lua negra (símbolo das meiguiñas da fraga de Pantín).
Leva o cabelo de cores.
Os seus zapatiños son negros.



Gústalle o queixo de Arzúa.
Tamén lle gusta pasear en barca ou no catamarán do canón do Sil.
Gústanlle as plantas trepadoras e ten a casa chea delas.
Enganchouse a algunha telenovela máis dunha vez.



Elba.

Bastiana.

Bastiana. (O seu nome provén do grego e significa venerable).
É unha meiguiña da fraga de 2707 anos.
É algo tímida.
Gústanlle os paxaros.
Pinta cadros de paisaxes.
Encántalle comer froitos secos.
Danlle ataques de risa frecuentemente, sempre nos lugares menos axeitados, pero non ten remedio e acaba contaxiando a todo o mundo.
Gústanlle as peliculas románticas.



Leva un gorro rosa cunha media lúa negra (símbolo das meiguiñas da fraga de Pantín).
Ten o cabelo de cores, predominando os tonos verdes.
Os seus zapatiños son negros.



Gústanlle moito os reloxos de cuco.
Tamén os nísperos e as mandarinas.
Ten un simpático timbre na sua casa, que soa coma un gato cabreado.
Tamén ten un gato que nunca se cabrea.

Bastiana.


Alma.

Alma. (O seu nome proven do latín e significa a que fai o ben).
É unha meiguiña da fraga de 1438 anos.
Lé comics.
Encántanlle os debuxos animados.
É fan incondicional da Pantera Rosa e de Garfield.
Colecciona chapas e pins.
Nunca perdia un episodio de El Duende del Globo, pero hai anos que xa non dan ese programa, unha mágoa, porque era o seu preferido.
Está moi interesada en aprender cousas das culturas precolombinas e gustaríalle visitar o Machu Pichu.




Leva un gorro turquesa cunha estrela transparente (símbolo das meiguiñas da Punta Chirlateira).
O seu cabelo é de cores, moi bonito.
Leva zapatiños de cor rosa.



Gústanlle as grandes esculturas de anxos dos cemiterios.
Encántalle comer natillas con caramelo.
Sabe escribir ó revés e coñece a linguaxe de signos.
Encantaríalle ver de preto un volcán e un géiser.

Alma.

miércoles, 21 de marzo de 2007

Águeda.

Águeda. (O seu nome proven do grego e significa boa).
É unha meiguiña da fraga de 3002 anos.
É moi caseira.
É moi boa cociñeira e reposteira. Pasa tanto tempo facendo doces que din que ela mesma ule a galleta.
Gústalle ver a tele mentres cociña, sobre todo series de humor ou programas divertidos.
Tamén lle gusta moito facer crucigramas.
Adora os pementos de Padrón.




Leva un gorro de cor rosa cunha estrela transparente (símbolo das meiguiñas da Punta Chirlateira).
Ten o cabelo loiro recollido nun par de trenzas.
Os seus zapatiños son verdes.



Gústalle pasear nos seus ratos libres, sobre todo no outono, en dias cargados de luz amarela.
Merca habitualmente revistas de cociña e decoración. Gústalle facer da sua casa un fogar confortable e bonito.
Encántalle o requeixo con mel.


Águeda.

martes, 20 de marzo de 2007

Fara.

Fara. (O seu nome proven do árabe e significa alegre).
É unha meiguiña da fraga de 2469 anos.
É moi divertida. O seu propio nome o dí, é moi alegre.
Gústalle organizar festas de distintas temáticas na sua casa.
É moi propensa a resfriarse e por iso inventou unha pócima infalible para curar calquera tipo de catarro ou gripe.
Ten a casa chea de cadros con puzzles que lle encanta facer.
Cultiva amorodos cos que fai unha exquisita marmelada.



Leva sombreiro turquesa cunha media lua granate (que simboliza que pertence á fraga de Pantín).
Leva cabelo de cores en tonos claros; loiros e azuis.
Os seus zapatiños son de cor negro.


Gústalle almorzar unha gran cunca de cereais.
Encántalle o zume de cenoura.
Sabe bailar muiñeiras e tocar a pandeireta.
Dalle medo viaxar en avión.
Gústalle pintarlles bigotes e gafas ás persoas que saen nas fotos dos xornais.
(E tamen cubrir de pelo ós calvos ou poñerlle melena ós que teñen o cabelo curto).
Coida un par de bonsais.

Fara.

Fara non está dispoñible. Vendida o 5 de abril de 2007.

viernes, 9 de marzo de 2007

Anais.

Anais. (O seu nome provén do hebreo e significa compaixón).
É unha meiguiña da fraga de 1309 anos.
É mooooi garimosa, un cachiño de pan.
Gústanlle moito os biscoitos borrachos, e se levan pasas mellor.
Sáenlle moi ben as magdalenas e fainas a miúdo pois ten como costume incluír un par delas no almorzo.
É boísima xogando ó Trivial.
Gústalle ir recoller cunchas á praia, ten unha gran colección.
Intercambia postais con meigas de tódolos paises.




Anais leva un fermoso gorro turquesa cunha estrela transparente
(símbolo das meiguiñas da Punta Chirlateira).
Leva o cabelo de moitas cores, moi bonitiño.
Os seus zapatiños son de cor rosa.





Gústalle correr polas mañáns. É larpeira, pero tamén fai moito exercicio.
Gústanlle os caramelos de limón. Tamén a limonada natural feita na casa.
No seu xardín ten laranxeiras e limoeiros, ademáis de un gran castiñeiro vello no que viven un esquio e un par de pegas, que son amigos seus.
Quedou un pouco chafada cando rematou o Supermartes, nunca lle gustara moito ese programa, pero cando comezou a sair Cecilio comezou a velo porque lle caía ben o galo.
Gústalle ler libros de aventuras.

Anais.

Anais non está dispoñible. Vendida o 5 de abril de 2007.

jueves, 1 de marzo de 2007

Serena.

Serena. (O seu nome provén do latín e significa muller tranquila).
É unha meiguiña da fraga de 933 anos.
É moi doce, romántica e aventureira.
Sempre sorrí moito.
Gústanlle as bolboretas e os paseos en barca.
Tamén lle gusta montar en bici.
Gústanlle moito os animais. Ela non ten ningunha mascota pero adícase a pasear os cans das súas amigas máis ocupadas.
Gústalle o sonido do seu teléfono (fixo).




Leva un gorro turquesa cunha estreliña transparente (símbolo das meiguiñas da Punta Chirlateira).
O seu cabelo é de cores e os zapatiños son de cor rosa.




Gústalle mirar ó ceo estrelado antes de ir durmir.
Non lle gusta nada que se lle enrede o pelo cada vez que o lava e necesita empregar sempre crema suavizante.
Gústanlle moito os kiwis: en zume, con iogur, en biscoito...etc
Ás veces vai de pesca con Amelia ó rio da fraga.

Serena.