miércoles, 24 de enero de 2007

Cándida.

Cándida. (O seu nome provén do latín e significa branquísima, luminosa, sen malícia).
É unha meiga da fraga de 1347 anos.
É moi aberta e alegre. Vivaz e charlatana, pero sobre todo gústalle escoitar.Encántalle que lle conten chistes, ainda que algúns non os entende, sobre todo se son verdes...Cando era nena caeu nun río sen saber nadar, polo que agora lle ten algo de medo á auga, pero sabe que cos seus poderes non corre risco ningún.A súa mellor amiga, Nina, dille de cando en vez que debería empregar un feitizo para facer desaparecer ese medo. Pero Cándida está ben así, ela considera que os medos nos axudan a ser prudentes.



Cándida é pelirroxa. Leva un gorriño azul turquesa a xogo cos seus zapatos.

No gorro leva unha media lúa, como tódalas meiguiñas que proceden da fraga de Pantín.







Gústalle ver pelis de humor sempre acompañada dunha gran perola chea de palomitas. (Se non hai palomitas, serven gusanitos ou estreliñas de pataca). Tamén lle gustan moito as gominolas.


É unha meiguiña moi caseira polo que lle encanta ver as pelis na casa, pero se o seu don@ a saca ó cine tamén o pasa xenial ainda que lle presta menos atención á peli e pasa a fixarse na xente que hai sentada na sala. É algo cotilla, por iso tamén é frecuente vela asomada á ventá.

Cándida.

No hay comentarios: