Lucila. (O seu nome provén do latín e significa luz pequena).
É unha meiguiña da fraga de 172 anos, aínda é unha meiga nena.
É unha meiguiña da fraga de 172 anos, aínda é unha meiga nena.
O que máis lle gusta é ir á escola da fraga e xogar coas súas amigas no recreo.Ten moito talento polo que xa hai un par de anos que foi nomeada meiguiña da sorte e agarda con ilusión o día que lle apareza un dono ó que protexer.
É tímida ó principio, pero cando colle confianza é moi faladora e simpática.
Gústalle ver documentais na tele ou en dvd e tamén o programa do Xabarín na galega.
Tamén lle gusta moito ler, ou que lle lean.
Ten o cabelo loiro, pero como é moi moderna creou un feitizo para ter permanentemente unhas fermosas mechas pelirroxas. O vermello é a sua cor favorita.
Leva un gorro azul ceo. No gorro leva unha lúa, como tódalas meigas que proceden da fraga de Pantín.
Leva uns zapatiños de cor verde.
Gústanlle os xelados, sobre todo a combinación nata e fresa, pero tamén os de mandarina, pistacho e turrón.É moi amiga dos animais, sobre todo dos cans e dos paxaros.Inventou unha cancion que canta sempre que se aburre e di:
"Son Lucila, a tua amiga.
Son Lucila, son pequeniña.
Pero son tan forte e lista,
que serei unha grande artista."
Non lle gusta deitarse cedo, e por iso ás veces finxe estar durmida e érguese despois da medianoite para xogar.
Lucila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario