Xenia. (O seu nome provén do grego e significa hospitalaria).
É unha meiguiña da fraga de 687 anos.
É moi imaxinativa e sempre ten grandes ideas para solucionar calquera cousa.
Cociña moi ben. Ten o record de receitas de pasta inventadas por ela. Podería facer un prato con pasta distinto para cada día do ano.
Ten unha gran colección de delantais, pois a miudo cociña para as xuntanzas da Asociación de Meiguiñas Puntocruceiras e sempre lle regalan algún, tamén algún pano ou algun mantel de vez en cando.
Está preparando un libro de receitas rápidas para meigas con pouco tempo libre.
Xenia leva un gorro turquesa cunha estrela transparente (símbolo das meiguiñas da Punta Chirlateira).
Ten un fermoso cabelo de cores, predominando os tonos roxizos.
Leva zapatiños negros.
Gústanlle os xelados de amoras.
Encántanlle os campos de xirasois.
Adoita a pasar horas sentada fronte ós illotes da Punta Chirlateira mirando para as gaivotas e os cormoráns.
Xenia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario