É unha meiguiña mariña de 726 anos e vive nas furnas da costa de Pantín.
Gústalle coñecer xente de tódolos lugares do mundo. É moi aberta e faladora.
O seu pasatempo favorito é cantar mentres está sentada nas rochas dos cantís a mira- lo mar.
De cando en vez sae a pasear cos arroaces e as gaivotas.
Catuxa non sabe nadar, de feito moitas das meigas mariñas non saben. Disque vai haber unha campaña de fomento do deporte entre tódalas meigas e vanse incluír clases de natación. Os da organización ficaron sorprendidos cando viron que a maioría das meigas apuntadas ó curso eran mariñas.
Catuxa leva un grande gorro vermello e uns zapatiños grises.
O seu pelo é verde, cuns mechóns máis claros que outros.
Catuxa pode ser, ás veces, algo cabezona, pois non lle gusta lle leven a contaria, pero xamáis se enfada, ten bó carácter.
Encántalle ir visitar á sua curmá Silvina á fraga. Son moi amigas, e ademáis a Catuxa gústalle pasear pola fraga e escoitar cantar ós paxaros pequeniños coma os paporroibos ou os gorrións. No mar non soe velos a miúdo, e as escasas veces que algún se lle achega non pode escoitalo ben polo ruido do bater do mar.
Gústanlle as natillas de coco, a ensaladilla rusa con moita maionesa e os caquis.
Encántalle disfrazarse no entroido ( e cando non é entroido tamén).
Catuxa non está dispoñible. Vendida o 5 de abril de 2006.
No hay comentarios:
Publicar un comentario