Bonifacia. (O seu nome provén do latín e significa a que fai o ben, benefactora).
É unha meiguiña da fraga de 1114 anos.
É alegre e divertida. Sempre anda a contar chistes.
Ten un lixeiro problema de sobrepeso dende que era nena e por iso probou tódalas dietas habidas e por haber, pero sen éxito. Na súa adolescencia tiña bastante complexo porque non lle gustaba ós rapaces polo seu físico, iso sí, todos a apreciaban moito por simpática e boa amiga. Pero iso cambiou na sua xuventude porque descubríu que por estar máis gordiña non era máis fea e ata participou en varios desfiles de tallas grandes. Descubríu que o dereito é o seu perfil bon e aprendeu a camiñar con elegancia.
Optimista e con gran sentido do humor cáelle ben a todo o mundo. Ademáis é solidaria e amante da Natureza.
Gústalle moito comer. É máis de salgado, pero non lle fai ascos a uns bos pasteis.
Leva un gorro azul cunha media lúa, coma tódalas meigas da fraga de Pantín.
Os seus zapatiños son negros.
Leva o cabelo de cores. Granate e violeta.
Encántalle a comida en xeral, pero o polo gústalle especialmente. Tamén adora as tartas de mazá.
Gústalle ir ó cine, sobre todo a ver películas de humor, pero tamén lle gustan as pelis históricas.
Colecciona comics de Asterix e recortes do xornal con rutas para pasear. Ás veces practica o sendeirismo con Dúnia.
Gustaríalle ter unha mascota como un canciño ou un gato.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario