jueves, 25 de enero de 2007

Dúnia.

Dúnia. (O seu nome provén do árabe e significa señora do mundo).
É unha meiguiña da fraga de 873 anos.
Domina varios idiomas: galego, castelán, catalán, Euskera, francés, inglés, italiano, grego, rumano, finés, alemán e portugués. Ademáis de latín e arameo.
Gústalle escoitar música, sobre todo o rock; pero tamén lle gusta a música celta. Sabe tocar a frauta, o violín, a arpa e a ocarina.
É moi doce e amistosa ainda que algo tímida ás veces.
Encántanlle os contos de medo; sobre todo escoitalos, pero a ela tamén se lle dá moi ben contalos.
Colecciona osiños de peluche, especialmente pandas, que son os que máis lle gustan.
Encántanlle os días chuviosos e escoitar como as pingas que caen nas latas, que ten estratéxicamente colocadas no tellado e balcóns da súa casa, fan soar unha fermosa sinfonía que ela acompaña coa ocarina, que toca especialmente ben.


Leva un fermoso gorro vermello e zapatiños verdes.
Ten uns fermosos cabelos en tonalidades verdosas.

É moi caseira e toda unha cocinillas, prepara o mellor arroz en leite da súa vila e gañou varios concursos gastronómicos.
Gústanlle os nenos. E ós nenos gústalles Dúnia. Xoga con eles e cántalles cancións. Tamén lles prepara algodón de azucre de varias cores e unhas deliciosas natillas os fines de semana que é cando máis tempo libre ten. Ademáis gústalle acompañalos ó cine a ver películas infantís porque a ela tamén lle gustan moito.
Colecciona frascos de especias e caixiñas de madeira decoradas.
Tamén fai algo de deporte, gústalle o sendeirismo.
Gustaríalle moito facer unha viaxe en globo.

Dúnia.






No hay comentarios: