
É unha meiguiña da fraga de 989 anos.
É moi comprensiva e encántalle escoitar como as persoas lle contan as súas alegrías ou os seus problemas.
Gústanlle as pelis e os libros de suspense. Tamén lle gusta cantar, pero sempre o fai cando está ela soa porque é bastante tímida e dalle vergoña facelo en público. Algúns habitantes da fraga de Vilarrube que a escoitaron cantar sen que ela se dera conta afirman que o fai moi ben.

Eses "botóns" indican que procede da fraga de Vilarrube.
Leva zapatiños de cor gris.
Os seus cabelos son craros cunhas notas de cor malva.
Xiana é moi popular entre os coellos da fraga porque cultiva unha horta de cenouras. Como se axuda da súa máxia para que lle saian unhas fabulosas colleitas e ela soa non as pode comer todas, regálallelas ós coellos, que a adoran.
O que ninguén da fraga sabe é que agocha unha gran colección de revistas do corazón. Gústalle estar ó tanto destas cousas.
Tamén é algo larpeira e os doces son a súa perdición. A maioría das veces que recorre á máxia en beneficio propio é para sanar algunha que outra caries.
No hay comentarios:
Publicar un comentario