jueves, 25 de enero de 2007

Pánfila.

Pánfila. (O seu nome provén do grego e significa amiga total, amiga de todos).
É unha meiguiña da fraga de 908 anos.
É moi, moi, divertida e algo charlatana de máis.
Gústalle a compaña, se está soa abúrrese enormemente e remata falando soa en voz alta por ver se dalgunha maneira se fai compaña a sí mesma.
Non canta moi ben, pero a ela gústalle moito facelo e faino constantemente poñéndolle moitas ganas. Sabe centos de cancións, pero moi poucas enteiras.
Gústalle ir de compras e sempre chega á casa con centos de cousas que non necesita; afortunadamente, sendo meiga, pode transformalas en calquera outra cousa que lle faga falta.


Leva un gorro vermello con dous "botonciños" translúcidos, o cal indica que é orixinaria da fraga de Vilarrube.
Os seus zapatos son vermellos tamén.
Ten o cabelo de cor verde.

Gústalle saír pola noite e cambia moito de local ata percorrelos todos, ou case todos.
Ten o record de caídas na baixada de carrilanas que organizan cada ano na fraga, pero non se desanima, algún ano ha de chegar a primeira.
Gústanlle os bocadillos de nocilla ou natacha con azúcar.
As súas películas favoritas son Shrek e a Era do Xeo: Cré que Asno e Sid son as máis grandes estrelas do cine, xunto con E.T. o extraterrestre.



Pánfila.



No hay comentarios: