Delfina. (O seu nome provén do grego e significa golfiño, besta feroz).
É unha meiguiña mariña de 1347 anos.
É moi simpática e divertida.
Gústalle moito falar e contar contos.
Sigue varias series na tele e tamén ve a miúdo programas de cotilleo.
Poucos saben que foi elixida a meiguiña máis guapa entre tódalas mariñas do seu pobo anos atrás. E ela non lle dá ningunha importancia a iso.
(Hai que dicir que ás meiguiñas lles encanta propoñer concursos de todo tipo, e non hai que apuntarse para participar senón que cada quen vota a quen quere do pobo polo que calquera pode resultar ser algún día dende o máis guapo oficial ata o máis protestón ou desagradable jaja)
Está a estudar latín.
Leva un fermoso sombreiro de cor vermello.
O seu cabelo é de tonalidades verdes.
Leva zapatiños de cor negra.
É adicta ós refrescos de cola, pero está tratando de deixalos.
Descubríu que os zumes tamén saben moi ben.
Gústalle moito ir ó cine, sobre todo a ver películas de acción. Aínda que non o recoñece abertamente as románticas tamén lle gustan moito e, ás veces, incluso chora vendo algunha.
Non lle gusta moito madrugar, a non ser cando é para sair de paseo.
Sempre tan escondidas moitas larpeiradas na súa casa. Gústanlle especialmente as palmeiras de chocolate, os flocos de millo, as patacas fritidas con sabor a sabe dios o qué (canto máis artificiais sexan máis ricas lle parecen), as gominolas, etc Ainda que está a tratar de cambiar todo isto por pasteis e galletas feitos na casa, patacas fritidas tamén feitas na casa e froitos secos, porque o doutor lle dixo que de seguir así ía ter algún problemiña...
Gustaríalle ter unha nube de seu.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario