viernes, 23 de febrero de 2007

As irmás Xenxa e Xonxa.

Xenxa e Xonxa son duas meiguiñas da fraga de Pantín. Son irmás e lévanse moi ben!



Xenxa. (O seu nome provén do latín. É unha variante de Inocencia. Significa inofensiva, sen culpa).

É unha meiguiña da fraga de 323 anos.
É moi garimosa e moi xoguetona.
Encántalle facer pompas de xabón e inflar globos.
Gústanlle os contos con final felíz.









Leva un fermoso gorro de cor granate cunha media lúa de cor rosa.
Os seus cabelos son de tonalidades verdosas.
Os zapatiños son de cor negra.



Gústalle pasear polo campo na primavera e observar ás bolboretas que revolotean polas flores.
Tamén lle gustan moito as avelaíñas!
Encántanlle os campos cheos de margaridas silvestres e soprar os dentes de león.

Xenxa.



Xonxa. (O seu nome provén do latín. É unha variante de Asunción. Significa subir ó ceo, ascender).
É unha meiguiña da fraga de 324 anos, ten un máis que a súa irmá.
É moi garimosa e amable. Boa amiga.
Moi xenerosa.
Encántanlle os animaliños todos.
Gústalle mirar para os barcos que se ven no mar, ó lonxe, cando vai pasear pola costa.
Encántalle bañarse no verán no río que pasa pola fraga.

Leva un gorro de cor granate cunha media lúa de cor rosa.
O seu fermoso cabelo é de tonalidades verdosas. Os seus zapatiños son de cor negra.
Encántalle o chocolate, os bombóns son a súa perdición.
Gústalle ler comics e ver comedias na televisión.

Xonxa.