viernes, 23 de febrero de 2007

Dora.

Dora. (O seu nome provén do grego e significa regalo)
É unha meiguiña mariña de 749 anos.
Posúe unha gran imaxinación. Encántalle escribir e contar contos.
É a raiña das festas infantís.
É moi ordenada. Ten a sua casiña sempre moi limpa e todo perfectamente colocado. Gústalle que todo ó seu redor esté ben organizado.
Gústanlle as manualidades e é moi boa pintando caixas de madeira.
Tamén lle gusta debuxar.
Ás veces parece algo distante porque a miúdo se perde no seu mundo imaxinario.
Gústalle a repostería tamén. Se ben é certo, gustalle máis comela que facela, pero sáenlle uns postres ben ricos.
E tamén lle gusta ver pelis de medo, inda que ás veces desvia a mirada da pantalla ou tapa as orellas.



Leva un gorro verde cunha estrela marela.
O seu cabelo é de tonalidades azuis.
Os zapatiños son de cor gris.







A Dora tamén lle gusta moito pasear. Ás veces cando sae das furnas da praia de Pantín vai visitar ás meigas da fraga de Loira coas que ten un vínculo moi especial, xa que pasou tres anos da sua infancia vivindo con elas.
Gústanlle moito os cantos gregorianos.
No seu almorzo nunca debe faltar un zume de laranxa natural.

Dora.


No hay comentarios: