É unha meiguiña da fraga de 999 anos (moi ilusionada porque xa case cumpre os 1000!).
É moi, moi, moi alegre e sempre está contenta! Isto fai que todos ó seu redor o estén tamén.
Moi boa e xenerosa sabe sacarlle un sorriso a calquera co seu característico bó humor.
Ás veces é algo bromista, pero son bromiñas pequenas que divirten tamén ó que llas gasta.
Gústalle moito ler. Lé libros de todo tipo, pero os de aventuras son os que máis lle gustan.
Tamén lé o xornal e ten un pasatempo curioso... Cambia as noticias que non lle gustan da seguinte maneira: recorta partes desa noticia e usando recortes doutras noticias que lle gustan mais crea unha noticia nova. Ten unha gran carpeta chea coas suas noticias, que lle gusta reler ó final de cada ano, a maioría son disparates, cousas incribles que parece que xamáis van suceder, pero quen sabe...
Dorinda leva un gorro azul ceo cun par de "botonciños" de cor verde. Distintivo das meigas da fraga de Vilarrube.
O seu cabelo é moi craro. Loiro, case branco de todo.
Os seus zapatiños son verdes.
A Dorinda o que máis lle gusta é cantar mentres anda a pasear pola fraga. Encántalle que os paxariños a acompañen.
Gústalle comer lambetadas e disfrazarse.
Tamén lle encanta comer froita, sobre todo cando pode collela directamente da árbore.
É unha meiguiña moi paseeira e gústalle moito sair a descubrir novos lugares.
Soña con viaxar a Marte, quen sabe se algún día poderá ir.
Nota: Dorinda non está á venda.
Próximamente sae cara a Burela onda unha persoa moi especial que a ha saber coidar moi ben. E Dorinda a ela.
Próximamente sae cara a Burela onda unha persoa moi especial que a ha saber coidar moi ben. E Dorinda a ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario