Vera. (O seu nome provén do latín e significa verdadeira).
É unha meiguiña da fraga de 1115 anos.
Sempre levou gafas, dende pequerrecha, e sempre as levou ó seu gusto: enormes e de cor negra.
Cando era nena os compañeiros rían e chamábanlle Vera Gafotas ou Vera a Lupas, e agora, en cambio, resulta que vai á última, que é do máis "fashion" jaja
A ela, nunca lle importou que a xente falara das súas gafas para ben ou para mal, xa que o que lle importa e ir ó seu gusto, non ó dos demáis.
Gústalle moito ler, sobre todo novela histórica.
Tamén lle gustan os bailes de salón, e baila moi, moi ben!
Colecciona postais e fotografías de nubes. Tamén comezou hai pouco unha nova colección de fotografías de lóstregos.
Vera leva un sombreiro turquesa cunha lúa (símbolo das meiguiñas da fraga de Pantín) de cor amarelo.
O seu cabelo é loiro.
Leva as suas características gafas negras e os seus zapatiños son negros tamén.
É moi sociable e gústalle coñecer xente nova.
Encántalle descubrir novos pobos pequerrechos e falar coa xente do lugar para que lle conten todas as lendas e curiosidades do pobo que saiban.
Non lle gustan moito os espacios cerrados de pequenas dimensións e tampouco os grandes espacios no caso de que estén ateigados de xente.
Gústalle preparar guacamole e disfruta moito coméndoo mentres ve algunha peli.
Tamen lle gustan os caramelos de menta e os de laranxa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario