martes, 6 de febrero de 2007

Renata.


Renata. (O seu nome provén do latín e significa nacida para unha nova vida).
É unha meiguiña da fraga de 1012 anos.
É moi garimosa e simpática. Bondadosa e alegre.
Leva o "Consultorio de Renata" no foro das meiguiñas e alí atende ás persoas que se atopan tristes ou con problemas para tratar de consolalas escoitando e ofrecendo consello de amiga.
A Renata encántalle ler, facer manualidades, os días soleados, o outono e os bolos na sartén nunha cunca con leite.
A súa cor preferida é o marelo inda que prefire vestir de azul turquesa porque sabe que lle favorece máis.





Renata leva un gorro azul turquesa a xogo cos seus zapatos.
No gorro leva unha estrela transparente, símbolo das meiguiñas da Punta Chirlateira.
O seu cabelo é de varias cores, predominando os tonos dourados pero cunhas marcadas mechas vermellas.








A Renata gústanlle moito os animais, é amiga de tódolos bichos que poidades imaxinar, coas eirugas lévase especialmente ben ainda que os seus mellores amigos sempre serán os cormoráns.

Gústalle moito a froita, sobre todo os plátanos que dispón en grandes platos con nata e caramelo, pero tamén as laranxas, as cereixas e como non, as amoriñas das silveiras. Cando anda a pasear non pode pasar sin se deter ante unha silveira que teña amoras, encántanlle.

Tamén lle gusta conectarse a Internet e atender á xente no foro.
Cando ten algo de tempo tamén ve algo de tele sobre todo os documentais da 2TVE (especialmente se son de animais ou de civilizacións antigas) e as series da TVG.



Renata.


Nota: Renata non está á venda.

No hay comentarios: