Ágata. (O seu nome provén do grego e significa boa).
É unha meiguiña da fraga de 1335 anos.
É moi boa e doce. É moi caseira.
Gústanlle as prantas e planta moitas flores no seu xardín.
Nada moi ben, pasa o verán nadando no río e ás veces vai á praia tamén.
Toca a frauta.
Sabe facer malabares. Comezou practicando con mandarinas.
Fai un doce de peras boísimo!
Leva un gorro de cor rosa cunha estrela transparente (distintivo das meiguiñas da Punta Chirlateira).
Ten un fermosísimo cabelo de cores.
Os seus zapatiños son de cor turquesa.
Non viviría sen a súa licuadora na que prepara zumes de mazá, cenoura, amoras, tomate, pera, granada, etc, etc
Gústalle a música folk.
A súa cor preferida é o morado.
Encántanlle as mantecadas de Astorga. Tamén lle gusta Astorga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario