Acacia. (O seu nome provén do grego e significa boa).
É unha meiguiña da fraga de 2376 anos.
É moi, moi, moi parlanchina. Gústalle contar contos, cotillear e cantar.
Sempre se entera de cantos chismes hai na fraga.
Soe reunirse polas tardes na sua casa con outras amigas tan cotillas coma ela, polo que moita xente coñece a casa de Acacia por "a perruquería" jaja
É bromista e parrandeira.
Sabe moitas cantigas e xogos tradicionais.
Leva un gorriño turquesa con dous "botonciños" negros.
Leva o pelo de moitas cores.
Os zapatiños son de cor azul mariño.
Acacia adora o chocolate, negro ou branco, dalle igual.
Sempre anda a comer unha morea de larpeiradas.
Gaña tódolos anos o campionato de baile de trombos. O seu fíxollo o seu pai e ela pintouno de vermello. Todos no campionato a coñecen pola meiga do trombo colorado e moitos téñenlle envexa porque ninguén lle consegue quitar o posto, ela fainos bailar mellor que ninguén.
Gústalle a cervexa e é fiel á Estrella Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario