Selene. (O seu nome provén do grego e significa lúa).
É unha meiguiña da fraga de 2045 anos.
É moi sociable e amistosa.
É unha meiga extraterrestre. Provén de Lalos, un dos catro satélites do planeta Don, da galaxia Luma.
Cando chegou á fraga de Pantín todos a recibiron moi ben pero custoulles entenderse con ela porque non falaba ningún dos idiomas coñecidos no noso planeta. Pero agora xa se entenden moi ben, inda que empregan máis xestos que palabras e Selene fala cun marcado acento extraterrestre.
Gústalle aprender todo sobre os terrestres ainda que hai cousiñas que non entende como por exemplo porqué rifan tanto e porqué contaminan o planeta no que viven.
Selene leva un gorro turquesa con dous botons azuis a un lado (o de riba sérvelle para contactar cós seus en Lalos e o de abaixo é unha especie de GPS intergaláctico).
Leva o cabelo de cores.
Os seus zapatos son de cor rosa.
Selene adora os esquios. Non hai esquios en Lalos.
Gústalle moito como se come na Terra, sobre todo en España, pero tamén lle gusta moito a comida mexicana, inda que racionando moito o picante porque lle fai mal.
Sempre leva escondidos caramelos e piruletas debaixo do gorro.
Selene.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario