miércoles, 31 de enero de 2007
A bruxa Avería.
lunes, 29 de enero de 2007
Cloe.
É unha meiguiña mariña de 439 anos.
É moi optimista e moi simpática, sempre consegue sacarlle un sorriso a calquera coa sua forma de ser e o seu xeito de ve-la vida.
Colecciona bonecas de porcelana e estrelas de mar.
É moi frioleira.
Gústalle ver a tele, sobre todo series cómicas e concursos, ademáis do Xabarín.
Encantaríalle aprender a montar en bici, pero as veces que o intentou dáballe moito medo caer e perdía o equilibrio. Tamén necesita aprender a nadar e por iso se apuntou a un curso de natación.
Cloe leva un gorriño de cor turquesa e zapatiños grises.
Os seu cabelo é loiro pero con mechas lilas.
Gústalle disfrutar dos días de sol para pasear ou simplemente sentar nas rochas da costa e mirar o mar. Tamén se distrae vixilando á xente que está na praia.
Ás veces chega ata a súa cova mariña algún balón de praia que lle escapou a alguén ou simplemente lle quedou esquecido na praia e o mar arrastrou onda Cloe. Ela ponse moi contenta nesas ocasións e xoga moito con el, ten un divertimento novo mentras non lle rompe nalgunha rocha afiada dos cantís.
Gústalle moito a marmelada de fresa e o membrillo de kiwi con requeixo.
Cloe.
Catuxa.
É unha meiguiña mariña de 726 anos e vive nas furnas da costa de Pantín.
Gústalle coñecer xente de tódolos lugares do mundo. É moi aberta e faladora.
O seu pasatempo favorito é cantar mentres está sentada nas rochas dos cantís a mira- lo mar.
De cando en vez sae a pasear cos arroaces e as gaivotas.
Catuxa non sabe nadar, de feito moitas das meigas mariñas non saben. Disque vai haber unha campaña de fomento do deporte entre tódalas meigas e vanse incluír clases de natación. Os da organización ficaron sorprendidos cando viron que a maioría das meigas apuntadas ó curso eran mariñas.
Catuxa leva un grande gorro vermello e uns zapatiños grises.
O seu pelo é verde, cuns mechóns máis claros que outros.
Catuxa pode ser, ás veces, algo cabezona, pois non lle gusta lle leven a contaria, pero xamáis se enfada, ten bó carácter.
Encántalle ir visitar á sua curmá Silvina á fraga. Son moi amigas, e ademáis a Catuxa gústalle pasear pola fraga e escoitar cantar ós paxaros pequeniños coma os paporroibos ou os gorrións. No mar non soe velos a miúdo, e as escasas veces que algún se lle achega non pode escoitalo ben polo ruido do bater do mar.
Gústanlle as natillas de coco, a ensaladilla rusa con moita maionesa e os caquis.
Encántalle disfrazarse no entroido ( e cando non é entroido tamén).
jueves, 25 de enero de 2007
Bonifacia.
É unha meiguiña da fraga de 1114 anos.
É alegre e divertida. Sempre anda a contar chistes.
Ten un lixeiro problema de sobrepeso dende que era nena e por iso probou tódalas dietas habidas e por haber, pero sen éxito. Na súa adolescencia tiña bastante complexo porque non lle gustaba ós rapaces polo seu físico, iso sí, todos a apreciaban moito por simpática e boa amiga. Pero iso cambiou na sua xuventude porque descubríu que por estar máis gordiña non era máis fea e ata participou en varios desfiles de tallas grandes. Descubríu que o dereito é o seu perfil bon e aprendeu a camiñar con elegancia.
Optimista e con gran sentido do humor cáelle ben a todo o mundo. Ademáis é solidaria e amante da Natureza.
Gústalle moito comer. É máis de salgado, pero non lle fai ascos a uns bos pasteis.
Leva un gorro azul cunha media lúa, coma tódalas meigas da fraga de Pantín.
Os seus zapatiños son negros.
Leva o cabelo de cores. Granate e violeta.
Encántalle a comida en xeral, pero o polo gústalle especialmente. Tamén adora as tartas de mazá.
Gústalle ir ó cine, sobre todo a ver películas de humor, pero tamén lle gustan as pelis históricas.
Colecciona comics de Asterix e recortes do xornal con rutas para pasear. Ás veces practica o sendeirismo con Dúnia.
Gustaríalle ter unha mascota como un canciño ou un gato.
Dúnia.
É unha meiguiña da fraga de 873 anos.
Domina varios idiomas: galego, castelán, catalán, Euskera, francés, inglés, italiano, grego, rumano, finés, alemán e portugués. Ademáis de latín e arameo.
Gústalle escoitar música, sobre todo o rock; pero tamén lle gusta a música celta. Sabe tocar a frauta, o violín, a arpa e a ocarina.
É moi doce e amistosa ainda que algo tímida ás veces.
Encántanlle os contos de medo; sobre todo escoitalos, pero a ela tamén se lle dá moi ben contalos.
Colecciona osiños de peluche, especialmente pandas, que son os que máis lle gustan.
Encántanlle os días chuviosos e escoitar como as pingas que caen nas latas, que ten estratéxicamente colocadas no tellado e balcóns da súa casa, fan soar unha fermosa sinfonía que ela acompaña coa ocarina, que toca especialmente ben.
Xiana.
É unha meiguiña da fraga de 989 anos.
É moi comprensiva e encántalle escoitar como as persoas lle contan as súas alegrías ou os seus problemas.
Gústanlle as pelis e os libros de suspense. Tamén lle gusta cantar, pero sempre o fai cando está ela soa porque é bastante tímida e dalle vergoña facelo en público. Algúns habitantes da fraga de Vilarrube que a escoitaron cantar sen que ela se dera conta afirman que o fai moi ben.
Leva un gorro negro con dous "botonciños" brancos.
Eses "botóns" indican que procede da fraga de Vilarrube.
Leva zapatiños de cor gris.
Os seus cabelos son craros cunhas notas de cor malva.
Xiana é moi popular entre os coellos da fraga porque cultiva unha horta de cenouras. Como se axuda da súa máxia para que lle saian unhas fabulosas colleitas e ela soa non as pode comer todas, regálallelas ós coellos, que a adoran.
O que ninguén da fraga sabe é que agocha unha gran colección de revistas do corazón. Gústalle estar ó tanto destas cousas.
Tamén é algo larpeira e os doces son a súa perdición. A maioría das veces que recorre á máxia en beneficio propio é para sanar algunha que outra caries.
Pánfila.
É unha meiguiña da fraga de 908 anos.
É moi, moi, divertida e algo charlatana de máis.
Gústalle a compaña, se está soa abúrrese enormemente e remata falando soa en voz alta por ver se dalgunha maneira se fai compaña a sí mesma.
Non canta moi ben, pero a ela gústalle moito facelo e faino constantemente poñéndolle moitas ganas. Sabe centos de cancións, pero moi poucas enteiras.
Gústalle ir de compras e sempre chega á casa con centos de cousas que non necesita; afortunadamente, sendo meiga, pode transformalas en calquera outra cousa que lle faga falta.
Leva un gorro vermello con dous "botonciños" translúcidos, o cal indica que é orixinaria da fraga de Vilarrube.
Os seus zapatos son vermellos tamén.
Ten o cabelo de cor verde.
Gústalle saír pola noite e cambia moito de local ata percorrelos todos, ou case todos.
Ten o record de caídas na baixada de carrilanas que organizan cada ano na fraga, pero non se desanima, algún ano ha de chegar a primeira.
Gústanlle os bocadillos de nocilla ou natacha con azúcar.
As súas películas favoritas son Shrek e a Era do Xeo: Cré que Asno e Sid son as máis grandes estrelas do cine, xunto con E.T. o extraterrestre.
Silvina
É unha meiguiña da fraga de 721 anos.
Ten un gran corazón. Amante da Natureza pasa moito tempo falando cos animais da fraga. Encántalle tomar infusións de herbas medicinais que ela mesma recolle e prepara.
Ademáis ten unhas grandes dotes culinarias. Cualidade que fai que Nina se pase a miúdo pola súa casa con calquera escusa por ver se aprende algún truco novo, ou mellor ainda, se hai algunha nova delicatessen de Silvina para catar.
É unha meiguiña de altura, pois gústalle moito andar polas árbores, os esquios son grandes amigos desta meiga. E os corvos tamén.
Ten unha gran debilidade: fai o que sexa con tal de encher o bandullo de chocolate.
Leva un gorro vermello.
No gorro leva unha lúa. Distintivo das meiguiñas da fraga de Pantín.
Os seus zapatiños son de cor verde escura.
Ten un precioso cabelo en tonalidades mariñas que delata o seu parentesco con algunha meiguiña do mar.
Gústalle máis andar de paseo que metida na casa. Sobre todo se o paseo é nun lugar aberto onde abunden as prantas e os animais.
Disfruta moitísimo visitando xardíns botánicos e museos de Historia Natural.
Tamén lle gusta o cine, sobre todo as películas de Tim Burton e Alejandro Amenábar.
O seu libro favorito é El Bosque Animado.
Silvina.
miércoles, 24 de enero de 2007
Lucila
É unha meiguiña da fraga de 172 anos, aínda é unha meiga nena.
Lucila.
Nina
É unha meiguiña da fraga de 1346 anos. Ten un ano menos que Cándida, a súa gran amiga.
Ten fama de bonitiña e sempre ligou moito porque ademáis de fermosa é moi agradable e simpática.
Amiga dos seus amigos e gran conversadora. Gústalle moito axudar ós demáis.
A súa beleza otorgalle un aspecto fráxil, pero nada que ver! Amante incondicional dos deportes de risco e gran viaxeira.
Gústanlle as velas aromáticas, os inciensos e o popurrí. Tamén o olor dun prato de comida quente.
Leva un gorro turquesa a xogo cos seus zapatos.
No gorro leva unha estrela. Símbolo das meiguiñas que proceden do fraga de Loira. Estas meigas soen ter moita relación coas meigas da fraga de Pantín, xa que son veciñas.O seu cabelo é loiro con algunhas mechas máis craras que outras.
Nina é moi intelixente e ten moita imaxinación. Gústalle sair de paseo e a boa mesa, polo cal, o seu plan ideal é visitar cantas festas gastronómicas pode.Gústanlle os libros de misterio e As Leis de Celavella é a sua serie favorita.
Nina
Cándida.
No gorro leva unha media lúa, como tódalas meiguiñas que proceden da fraga de Pantín.
Gústalle ver pelis de humor sempre acompañada dunha gran perola chea de palomitas. (Se non hai palomitas, serven gusanitos ou estreliñas de pataca). Tamén lle gustan moito as gominolas.
É unha meiguiña moi caseira polo que lle encanta ver as pelis na casa, pero se o seu don@ a saca ó cine tamén o pasa xenial ainda que lle presta menos atención á peli e pasa a fixarse na xente que hai sentada na sala. É algo cotilla, por iso tamén é frecuente vela asomada á ventá.
Cándida.