Amelia. (O seu nome provén do grego e significa traballo; e tamén do xermano no que significa laboriosa ou valerosa).É unha meiga da fraga de 1656 anos.
É moi charlatana e bromista.
Xamáis revela un segredo.
Ten dúas mascotas: Paco e Viriato (son caracois).
Gústalle facer rebotar coios no río.
Posúe un gran sentido da orientación, xamáis se perdeu, nin en lugares que non coñecía.
Prefire o peixe á carne.
Sempre almorza cun colacao con pan.

Leva un grande gorro verde cunha lúa granate (símbolo das meiguiñas da fraga de Pantín).
É loira.
Leva zapatiños negros.
Non lle gusta facer cola.
Gústalle viaxar en tren.
Emprega demasiado a palabra "chachi" e algúns dos seus amigos chámanlle así.
Encántalle comer flan con nata.
É moi "chachi".
Amelia.

















































